BOE 20 DE JULIO (172)
III. OTRAS DISPOSICIONES
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN
Ganado porcino.- Resolución de 9 de julio de 2021, de la Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios, por la que se publica la Resolución de 8 de julio de 2021, por la que se aprueba el programa de cría de la raza porcina ibérica
DOGA 20 DE XULLO (137)
II. AUTORIDADES E PERSOAL
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Nomeamentos.- Orde do 6 de xullo de 2021 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Convocatoria.- Orde do 30 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e a consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación (código de procedemento TR807I), e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E), e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021.(Extracto Programa I) (Extracto Programa II)
Código de procedemento: TR340E
Obxecto: fixar as bases reguladoras e convocar as subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para o ano 2021, coa finalidade de promover o emprego autónomo e a súa consolidación a través dos seguintes programas de axudas: a) Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (TR807I). b) Programa II. Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340E). Prazo de presentación: 20 de agosto Beneficiarios: Programa I. TR807I: Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias (ver orde). Programa II TR340E: empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda. |
Convocatoria.- Resolución do 6 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A). (Extracto)
Código de procedimiento: SI451A
Obxecto: aprobar as bases reguladoras e convocar, para os anos 2021 e 2022, subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral, tendo en conta que a falta de recursos propios, fundamentalmente dun posto de traballo, dificulta en moitas ocasións a ruptura da situación de violencia. Prazo de presentación: 20 de agosto. Beneficiarias: Mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego. |
BOP Lugo 20 DE XULLO (164)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Granxa Provincial Gayoso.- Alleamento de diversas cabezas de gando da Granxa Provincial Gayoso Castro (Páx. 1, R. 2178)