AXUDAS PARA A ARTESANIA GALEGA

Convocatoria artesanía galega.- Orde do 9 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN201G). (Extracto)

Código de procedemento: IN201G

Obxecto: Fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesás/ans e suxeito ao réxime de axudas de minimis

Prazo de presentación: 23 de agosto

Beneficiarios: Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos: Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias