NORMATIVA DO DIA 23 DE XULLO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 23 DE JULIO (175)

III. OTRAS DISPOSICIONES

AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Convocatoria Premios.- Resolución de 14 de julio de 2021, de la Agencia Española de Protección de Datos, por la que se aprueban las bases reguladoras y se convoca el Premio a las Buenas Prácticas en relación con iniciativas del ámbito público y privado dirigidas a una mayor protección en internet de la privacidad de las mujeres supervivientes a la violencia por razón de género.

 

DOGA 23 DE XULLO (140)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Inscrición da Fundación Terreo.- Resolución do 15 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición da Fundación Terreo no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Convocatoria.- Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivendas protexidas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento VI420C). (Extracto)

Código de procedemento: VI420C

Obxeto: aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para a adquisición de vivendas protexidas, que se tramitarán co código de procedemento VI420C. Tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva

Prazo de presentación: 30 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario

Beneficiarios: Requesitos: a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España. b) Ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda protexida, nos termos que determine a correspondente convocatoria. c) Ter subscrito no período sinalado na correspondente convocatoria un contrato privado de compravenda visado pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou, de ser o caso, unha escritura pública de compravenda que conteña as cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda. d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. e) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Resolución do 25 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Prado Vello, sito nos concellos de Taboada e Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), promovido por Breotecnia, S.A. (expediente IN661A DXIEM-08/11).(Extracto)

Instalacións.- Resolución do 12 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2020/216-1).

Instalacións.- Anuncio do 8 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo.

Parques eólicos.- Anuncio do 8 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Rodicio II (expediente IN408A 2020/42) nos concellos de Maceda e de Montederramo, na provincia de Ourense.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Edicto do 24 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Almoite, a favor dos/das veciños/as da parroquia de Almoite, no concello de Baños de Molgas.

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.– Edicto do 29 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Dacón, a favor dos/das veciños/as de Dacón, na parroquia de Amarante (Santa María), no concello de Maside.

 

BOP Pontevedra 22 DE XULLO (140)

CONCELLO DE RIBADUMIA

Modificiación da bases.- Aprobación definitiva da modificación das bases reguladoras de axudas municipais para autónomos, microempresas e pequenas empresas con sede social e fiscal no Concello de Ribadumia, que se atopen en difícil situación económica derivada do covid

 

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias