NORMATIVA DO DIA 19 DE AGOSTO DE 2021

Convocatoria de axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación.

DOG 19 DE AGOSTO (159)

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Nomeamentos.- Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR352A).(Extracto)

Código de procedemento: TR352A

Obxecto: Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 3, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Prazo de presentación: 20 de septiembre

Beneficiarios: Entidades sen ánimo de lucro que, na data de publicación da presente convocatoria, estean inscritas na categoría de iniciativa social do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (en adiante, RUEPSS)

Redistribución orzamentaria.- Resolución do 11 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301K).

Redistribución orzamentaria.- Resolución do 11 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 9 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións no marco do Plan de formación para o emprego (persoas traballadoras ocupadas) e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR302A).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Catálogo de montes de utilidade pública.- Anuncio do 3 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 2021, polo que se autoriza a permuta e a modificación de superficies no Catálogo de montes de utilidade pública, dunha parte do monte Vaos, número 103-C, no concello de Mazaricos.

 

BOP Pontevedra 19 DE AGOSTO (159)

CONCELLO DE O ROSAL

Subvencións e axudas.- Anuncio de aprobación de bases e convocatoria para a concesión de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro do Concello do Rosal para a realización de actividades sociais durante o ano 2021.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias