NORMATIVA DO DIA 23 DE AGOSTO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 23 DE AGOSTO (161)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM Meis.- Orde do 5 de agosto de 2021 de aprobación definitiva da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Meis.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico O Picoto, sito no concello de Arteixo (A Coruña) e promovido por Cortizo Eólicas, S.L. (expediente IN661A 2011/28-1). (Extracto)

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Resolución do 30 de xullo de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno TCA na estrada PO-511, punto quilométrico 21+100 a punto quilométrico 23+000, de clave PO/17/148.06, nos concellos de Cangas e Moaña.

 

BOP A Coruña 23 DE AGOSTO (159)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Acordo do 18 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de publicidade da resolución de necesidade de ocupación para o desenvolvemento dos traballos na concesión de explotación Casalonga núm 6996, concello de Teo (expte. IN334A 2020/01-1)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Corrección de erro na relación de subvencións directas (nominativas e excepcionais) tramitadas pola área de medio rural e do mar e mocidade da deputación provincial de lugo no segundo trimestre do ano 2021.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias