DOG 30 DE AGOSTO (166)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Convocatoria.- Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).(Extracto)
Código de procedemento: CO300H
Obxecto: A creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural. Réxime de concorrencia non competitiva. Prazo de presentación: 30 de setembro. Beneficiarios: a) Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia situados en zonas rurais e cunha poboación inferior a 10.000 habitantes. b) Federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, de ámbito superior ao municipal. c) Grupos de desenvolvemento rural (GDR). |
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Promoción e consolidación do emprego autónomo.- Orde do 23 de agosto de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019, pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.
BOP Pontevedra 30 DE AGOSTO (166)
CONCELLO DE REDONDELA
Convocatoria.- Bases e convocatoria para a concesión de subvencións para actividades de promoción da muller e a igualdade para o ano 2021.
Código de procedemento:
Obxecto: A promoción da igualdade real e efectiva de mulleres e homes en todos os ámbitos. • A prevención e o tratamento da violencia de xénero. • A formación, orientación e asesoramento cara a busca ou consolidación do emprego. • A promoción da conciliación, corresponsabilidade e igualdade nos fogares. • A promoción da saúde e o autocoidado en problemáticas específicas de muller. • O fomento da promoción persoal e a adquisición en habilidades sociais das mulleres en risco de exclusión. • A difusión dos dereitos das mulleres e a historia dos movementos reivindicativos das mulleres e a promoción da participación das mulleres no eido social, cultural e artístico. • A promoción do deporte entre as mulleres. Prazo de presentación: 20 de setembro. Beneficarios: Asociacións de mulleres e vogalías da muller de entidades veciñais ou culturais debidamente constituídas en asemblea. |