NORMATIVA DO DÍA 31 DE AGOSTO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 31 DE AGOSTO (208)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE DERECHOS SOCIALES Y AGENDA 2030

Convocatoria.- Resolución de 18 de agosto de 2021, del Instituto de Mayores y Servicios Sociales, por la que se convocan plazas para pensionistas que deseen participar en el Programa de Termalismo.

DOG 31 DE AGOSTO (167)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

Convocatoria.- Orde do 13 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2021/22 (código de procedemento ED441B). (Extracto)

Código de procedemento: Código de procedemento ED441B

Obxecto: Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 164 bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe no curso 2021/22 en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar

Prazo de presentación: 30 de setembro.

Beneficiarios: 1. Poderá solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos: a) Estar matriculado no curso 2020/21 en calquera das universidades do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao. b) Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade. de orixe (universidades do Sistema universitario de Galicia). c) Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores. 2. Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Modificación das bases.– Resolución do 26 de agosto de 2021 pola que se modifica a Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 17 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Novo, nos concellos de Valdoviño, Narón e San Sadurniño (expediente IN408A 2020/54).

Parques eólicos.– Acordo do 20 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Somozas, no concello das Somozas (expediente IN408A 2020/105).

Instalacións.- Resolución do 9 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2021/154-4).

Instalacións.- Resolución do 9 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2021/153-4).

Instalacións.– Resolución do 9 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2021/146-4).

Instalacións.- Resolución do 10 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pedrafita do Cebreiro (expediente IN407A 2021-53 AT).

 

BOP A Coruña 31 DE AGOSTO (165)

DEPUTACION PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións Programa FO103A.- Resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao Programa FO103A: Convocatoria do programa de subvencións a entidades da provincia, sen ánimo de lucro, para a realización de actividades de fomento da actividade física e do deporte durante o ano 2021.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias