SOSGandería: UUAA inicia en Compostela unha campaña de sensibilización

A organización repartiu mil bandexas de carne de vacún

?? Gandeiras e gandeiros están fartos de que outros se lucren a costa do seu traballo, e queremos que a cidadanía o saiba! A Lei de Cadea Alimentaria ten que facerse cumprir sen demora! Se producir un quilo de carne custa 5,39€ os produtores non poden cobrar 4,20, porque é ilegal. Sen embargo, é o que está a acontecer. A venda a perdas é unha realidade xeralizada que, tras a recente suba dos custos de produción, ten ás nosas explotacións ao límite. E Xunta de Galicia e Ministerio non poden seguir obviándoo. Por iso hoxe saímos á rua e repartimos en Santiago mil quilos de vacún galego criado en explotacións tradicionais de pastoreo. Un xeito de concienciar á cidadanía da grave situación que atravesa o sector e facela partícipe da realidade que hai detrás da carne de tenreira galega. Un sector integrado por pequenas explotacións familiares que traballan seguindo o modelo tradicional de pastoreo en extensivo. E que, ademais de producir carne de primeirísima calidade baixo os máis estritos parámetros de benestar animal, desempeñan un papel imprescindible dende o punto de vista da xestión do territorio, a loita contra o abandono e contra os grandes incendios.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias