NORMATIVA DO DIA 28 DE SETEMBRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 28 DE SETEMBRO (187)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

Convocatoria.- Orde do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2021/22 (código de procedemento ED421A).(Extracto)

Código de procedemento: ED421A

Obxecto:Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a financiar, no curso académico 2021/22, os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, a persoas desempregadas con titulación universitaria

Prazo de presentación:

Beneficiarios: Persoas tituladas universitarias que cumpran os seguintes requisitos: a) Estar en situación de desemprego na data de presentación da solicitude. b) Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 30 de xullo de 2020. c) Estar matriculado no curso académico 2021/22 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 7 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sobrado dos Monxes (expediente IN407A 2015/298-1).

Instalacións.- Anuncio do 15 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afectacións dun predio por construción dunha instalación eléctrica prevista no concello de Piñor, na provincia de Ourense.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Edicto do 7 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado De Ardexarxe a favor dos/das veciños/as de Ardexarxe, na parroquia de Fradelo (San Vicenzo), no concello de Viana do Bolo (Ourense).

Cambio de actividade.- Anuncio do 15 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 9 de setembro de 2021 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 16 do polígono 142 e da 2 do polígono 143, do termo municipal de Cervantes.

 

BOP A Coruña 28 DE SETEMBRO (185)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 22 de setembro de 2021, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (IN407A 2021/105-1)

Instalacións.- Resolución do 22 de setembro de 2021, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mesía (IN407A 2021/99-1)

Instalacións.- Resolución do 22 de setembro de 2021, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (IN407A 2021/86-1)

 

BOP Ourense 28 DE SETEMBRO (224)

CONCELLO DE MONTEDERRAMO

Convocatoria.- Extracto de la convocatoria para la concesión de la subvención de ayudas económicas para el fomento de la natalidad en el ayuntamiento de Montederramo del año 2021 (BDNS 582961) [2476/2021]. (Páx.4).

Código de procedemento: BDNS (Identif.): 582961

Obxecto: El objeto de esta convocatoria es regular el régimen jurídico del otorgamiento de ayudas económicas para fomentar la natalidad en el ayuntamiento de Montederramo durante el período comprendido entre el 1 de enero de 2021 y el 31 de diciembre de 2021

Prazo de presentación: 31 de enero del 2022 para el nacimiento o adopción de hijos/as durante el período comprendido entre el 1 de enero de 2021 y el 31 de diciembre de 2021.

Beneficiarios: Las personas beneficiarias serán conjuntamente el/la progenitor/a o progenitores/as o adoptante/s del hijo o hija, ya sean casados, parejas de hecho o familias monoparentales, titulares del Libro de familia, en el que figure registrado el nacimiento o adopción

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias