DOG 18 DE OUTUBRO (200)
II. AUTORIDADES E PERSOAL
Presidencia da Xunta de Galicia.- Decreto 138/2021, do 16 de outubro, polo que se nomea conselleiro de Facenda e Administración Pública a Miguel Corgos López-Prado.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Convocatoria.- Orde do 8 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 e á apertura do prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais (códigos de procedemento CT500B e CT500C).(Extracto)
Código de procedemento: CT500B e CT500C
Obxecto: O obxectivo do programa Bono Cultura é incentivar a demanda cultural, axudando economicamente as persoas consumidoras, e fomentar o consumo nos establecementos culturais adheridos á campaña Prazo de presentación: Prazo adhesión establecementos: 1 mes (ata 19 de novembro); Activación de bonos: Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonocultura.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 1 de novembro de 2021 e serán válidos ata o 31 de decembro de 2021. Beneficiarios: Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5. Para seren beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido nesta orde. |
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Concesións.- Resolución do 6 de outubro de 2021 pola que se conceden as axudas do programa Conecta hubs, orientado a proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos hubs de innovación dixital que permitan avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (códigos de procedemento IN852B e IN852C).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 14 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2021/43 AT).
Instalacions.- Resolución do 5 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2021/18-4).
Expropiacións.- Anuncio do 30 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto, tramo subestación Atios-apoio 13, no concello do Porriño.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 27 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a clasificación do Monte Veciñal en Man Común Louseiras, no concello de Vilalba (expediente 4/2020).
Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 30 de setembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución dos recursos de reposición contra a clasificación do Monte Veciñal en Man Común Vilacaíz, no concello do Saviñao (expediente 14/2017).
AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL
Banco de Terras de Galicia.- Anuncio do 1 de outubro de 2021 polo que se notifica unha proposta de resolución relativa ao procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia.
BOP A Coruña 18 DE OUTUBRO (198)
MINISTERIO DE POLÍTICA TERRITORIAL. DELEGACIÓN DEL GOBIERNO EN GALICIA
Parques eólicos.- Anuncio del Área de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia de información pública del estudio de impacto ambiental y solicitud de autorización administrativa previa del parque eólico Sete Fontes
Parques eólicos.– Anuncio del Área de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia de información pública del estudio de impacto ambiental y solicitud de autorización Admva. previa de los parques eólicos Portochán, As Castiñeiras y Monte Silvariño
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Concesións.- Resolución número 2021/39721 de concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa FOENAA/2021. Convocatoria do programa de subvencións dirixido a entidades para actividades de promoción económica, durante o ano 2021
Violencia de xénero.- Aprobación das bases do VIII Concurso de guións contra a violencia de xénero.
BOP Pontevedra 18 DE OUTUBRO (200)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Expropiacións.- Resolución do 30 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Atios-Montouto. Tramo subestación Atios-Apoio 13, no concello do Porriño, do que resulta como beneficiaria a empresa Red Eléctrica de España S.A.U., (expediente IN407A 2018/321-4)