NORMATIVA DO 11 DE NOVEMBRO DE 2021

Publicación por la que se establecen los valores medios regionales definitivos que caracterizan a cada una de las regiones del modelo de aplicación regional para el régimen de pago básico, en el año 2021

BOE 11 DE NOVIEMBRE (270)

I. DISPOSICIONES GENERALES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Ayudas. Valores medios regionales.- Orden APA/1224/2021, de 26 de octubre, por la que se establecen los valores medios regionales definitivos que caracterizan a cada una de las regiones del modelo de aplicación regional para el régimen de pago básico, en el año 2021.

 

DOG 11 DE NOVEMBRO (217)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Ampliación do prazo de xustificación.- Orde do 4 de novembro de 2021 pola que se mplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 9 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a creación e lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300H).

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Concesións.- Resolución do 3 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 6 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 20 de xullo).

Ampliación da dotación orzamentaria.- Resolución do 5 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 21 de decembro de 2020 pola que se convoca, para o ano 2021, a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (código de procedemento SI434A).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parques eólicos. Estudo de impacto ambiental.- Resolución do 28 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico, o estudo de impacto ambiental e a solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Serra do Farelo, situado nos concellos de Agolada, na provincia de Pontevedra, e Antas de Ulla, na provincia de Lugo, e promovido por AV Serra do Farelo, S.L. (expediente IN661A DXIEM-01/11).

Parques eólicos. Estudo impacto ambiental.- Resolución do 29 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental, as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, do proxecto do parque eólico segunda ampliación Xiabre modificado, situado nos concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa, da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2007/2-4).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.– Edicto do 22 de outubro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Guimarás, a favor dos veciños/as de Guimarás, na parroquia de Santa Olaia de Esgos, no concello de Esgos (Ourense).

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Edicto do 22 de outubro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Carraxo (ampliación), a favor dos/das veciños/as da parroquia de Carraxo (San Bieito), no concello de Laza (Ourense).

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Edicto do 22 de outubro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Castelo, Lombeiro e Regueiro, Pedregal, Cruz, Cruz da Hedreira e Val da Pala a favor dos veciños da parroquia de Hedreira (Santa Comba), no concello da Veiga (Ourense).

 

BOP A Coruña 11 DE NOVEMBRO (215)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 5 de novembro de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no Concello de A Pobra do Caramiñal (Expte. IN407A 2021/188-1)

 

BOP Pontevedra 11 DE NOVEMBRO (217)

CONCELLO DE A LAMA

Convocatoria.- Extracto de la resolución de alcaldía núm. 2021-0680, del día 27.10.21, por la que se aprueban las bases y la convocatoria para la concesión por concurrencia no competitiva de ayudas económicas covid-19 Ayuntamiento de A Lama.(Bases da convocatoria)

Código de procedemento: BDNS(Identif.):594037

Obxecto: Ayudas para los trabajadores autónomos y pequeñas empresas (con hasta 10 personas empleadas y autónomos) del sector de la hostelería, comercio, cultura, deportes, ocio, turismo o similares, con domicilio social y fiscal en A Lama, que resultaron afectados, total o parcialmente en su actividad por las restricciones del estado de alarma y las recogidas en las distintas órdenes por las que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia de la evolución de la situación epidemiológica derivada del COVID-19.

Prazo de presentación:2 de decembro

Beneficiarios: . Deben ser personas físicas o jurídicas que ejerzan la actividad económica en el Ayuntamiento de A Lama. Que estén dados de alta en el Impuesto de Actividades Económicas con anterioridad al 14 de marzo de 2020

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias