UUAA LOGRA DA DISTRIBUCIÓN O XESTO DE RETIRAR AS MARCAS DE CAPSA E LACTALIS DURANTE A FIN DE SEMANA

O acordo coas superficies é de efecto inmediato e afectará a toda Galicia

Santiago 18 de novembro.- Unións Agrarias logra das principais cadeas de distribución alimentaria que operan en Galicia o xesto de retirar dos seus liñais as marcas de leite líquido das empresas Lactalis e Capsa mentres estas non apliquen subas nas cotizacións que pagan aos gandeiros en liña cos custos de produción que están sufrindo. Logo de varias roldas de reunións mantidas ao longo dos últimos días as grandes compañías de distribución entenderon que a actitude destas dúas industrias é completamente insolidaria. Así, desaparecerán das grandes superficies por uns días os bricks das marcas Larsa, President, Puleva, Ram, etc.

Unións Agrarias están a manter unha liña de accións sindical enfocada a sinalar ás empresas que non permiten aos produtores trasladar ao prezo leite en orixe parte dos brutais custos de produción que están a sufrir as explotacións. Para a organización non cabe outra estratexia tras lograr que a distribución aceptara incrementar o prezo de venda ao público e que logo esa suba non se traslade aos gandeiros.

Para UUAA Capsa e Lactalis son polo lugar que ocupan na FENIL e na Interprofesional Láctea, así como polo importantísimo volume de recollida que representan en Galicia, as principais culpables da nula rendibilidade das granxas lácteas a pesar das grandes ganancias que están a obter pola comercialización de produtos industriais. As concentracións levadas a cabo en Vilalba e Outeiro de Rei, supuxeron un primeiro chanzo na escalada dun calendario de actuacións cada vez mais contundente para reverter unha situación na que os gandeiros de leite, segundo o Estudo da cadea de valor do leite do Ministerio de Agricultura, están a pagar un 26% mais polos custes de produción. Esta situación dá como resultado, que se de media este ano unha granxa cobrou polo leite 33,30 cts/l, resulta practicamente imposible poder manter a actividade.

No último ano o prezo medio do litro de leite cobrado polos gandeiros galegos foi case 1 céntimo menor que a media nacional. Unha cifra que xa sitúa ás granxas da nosa Comunidade nun contexto de venda a perdas; que se agravou nos últimos meses co aumento dos custos de produción. Hai que lembrar que, a pesar de cobrar os prezos máis baixos do estado, os gandeiros galegos producen leite de calidade superior; cunha porcentaxe de materia graxa por enriba da media estatal. Un dato de especial relevancia debido á revalorización da manteiga rexistrada nos últimos meses; que sitúa a rendibilidade que as industrias obteñen do leite galego por enriba da media.UUAA fai un chamamento aos operadores do sector a cumprir o establecido na Lei de Cadea onde claramente sinala que non pode existir a venda a perdas entre os distintos no escalado de valor do leite.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias