NORMATIVA DO DIA 23 DE NOVEMBRO DE 2021

Modificación das bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia

BOE 23 DE NOVIEMBRE

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Ganado caprino.- Resolución de 10 de noviembre de 2021, de la Dirección General de Producciones y Mercados Agrarios, por la que se publica la de 28 de octubre de 2021, por la que se aprueba el programa de cría de la raza caprina Murciano-Granadina.

 

DOG 23 DE NOVEMBRO (225)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Modificación bases reguladoras.- Orde do 12 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR553C).

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Autorización ambiental integrada.- Anuncio do 5 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 11 de agosto de 2021, de extinción da autorización ambiental integrada outorgada a Avícola Arribada, S.C. para a explotación avícola de polos de ceba, situada en Gomeán, no concello do Corgo (Lugo) (rexistro AAI: 2008/0072_NAA/IPPC_302).

Autorización ambiental integrada.- Anuncio do 5 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 12 de agosto de 2021, de extinción da autorización ambiental integrada outorgada a J. Antonio Lama y Clementina Prol, S.C. para a explotación porcina de porcos de ceba, situada no concello dos Blancos (Ourense) (rexistro AAI: 2009/0048_AIA/IPPC_248).

 

BOP Pontevedra 23 DE NOVEMBRO (226)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Reforma DC BAL702-GON806 e derivación GON806 a CT Canido II, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad SA, (expediente IN407A 2020/199-4).

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias