DOG 29 DE NOVEMBRO (229)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Reasignación dos créditos orzamentarios.- Resolución do 17 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 25 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2021/135-1).
Expropiacións.- Resolución do 5 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2, no concello de Avión (expediente IN407A 2021/102-3).
Expropiacións.- Anuncio do 15 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON804 e CS rúa Cansadoura, no concello de Nigrán.
Parques eólicos.- Anuncio do 17 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto de modificación do parque eólico Canedo (expediente LU-11/136-EOL).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Edicto do 12 de novembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal da Gudiña (2ª ampliación), a favor dos veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña (San Martiño e San Pedro), no concello da Gudiña (Ourense).
Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 15 de novembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a iniciación dun expediente para a posible clasificación do monte Santalla (ampliación), no concello de Begonte (expediente 2/2021).
BOP A Coruña 29 DE NOVEMBRO (227)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 24 de novembro do 2021 da Xefatura Territorial da Coruña pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente-e.: IN407A 2021/180-1)
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Calendario laboral.- Corrección erros calendario laboral ano 2022
BOP Lugo 29 DE NOVEMBRO (274)
CONCELLO DE BURELA
Convocatoria.- Extracto das bases reguladoras das axudas para familias empadroadas no término municipal de burela, afectadas pola crise económica por mor da COVID-19..
Código de procedemento: BDNS (Identif.): 596794
Obxecto: Esta convocatoria ten por obxecto subvencións para familias de renda media e baixa empadroadas e residentes na localidade de Burela, que permitan actuar de maneira inmediata para paliar as consecuencias derivadas da crise económica provocada pola COVID-19. Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes será ata esgotar o crédito presupostario. Beneficiarios: Terán a consideración de persoas beneficiarias aquelas persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de precariedade económica ocasionada por la crise económica derivada da crise sanitaria por mor da covid-19, que dificulte ou imposibilite a cobertura dalgunha das súas necesidades básicas que cómpre cubrir de xeito urxente e en todo caso imprescindible no menor tempo posible. |
BOP Pontevedra 29 DE NOVEMBRO (230)
DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Subvencións e axudas.- Anuncio de aprobación do II Plan De Igualdade De Oportunidades Entre Mulleres E Homes da Deputación de Pontevedra.