OS GANDEIROS PERDERON MAIS DUN 11% MENTRES CAPSA E LACTALIS MEDRAN UN 18% E UN 24% NO ÚLTIMO ANO

As granxas galegas levan soportado este ano case un 17% de incremento de custos

Santiago 3 de decembro.- Os gandeiros galegos levan perdido no treito interanual de 2020/21 un 11,45% dos seus ingresos por mor das fortes subas nos custos de produción, que alcanzaron case un 17% nos últimos meses. Porén, industrias como CAPSA e Lactalis atesouran un incremento de facturación dun 18% e un 24% respectivamente no mesmo período, grazas a revalorización do leite líquido nos lineais da distribución e debido á suba imparable dos derivados industriais como a graxa.

Con estes datos resulta moi difícil de entender a falta de sensibilidade destas corporacións para coa base de produtores aos que se nega a repercutir nin sequera o que xa lles corresponde en función do acordo coa distribución de incrementar o prezo de venda ao público para que logo esa suba se traslade aos gandeiros. Hai que lembra que estas dúas empresas teñen unha posición de privilexio para condicionar as cotizacións do leite en orixe xa que representan un 18% (1.200 gandeiros) no caso de Lactalis e un 15% (1.000 gandeiros) no caso de CAPSA do total das 6.476 gandeiros de Galicia.

Hai que destacar Lactalis como CAPSA para o período febreiro/outubro de 2021, as firmas melloraron os ingresos so en Galicia en arredor 21/22 millóns de euros, o que lles permitiría subir mais de 4 cts/l aos produtores. Unións Agrarias sigue a manter unha liña de accións sindical enfocada a sinalar as empresas que non permiten aos produtores trasladar ao prezo leite en orixe parte dos brutais custes de produción que están a sufrir as explotacións e en contra do que se fixa na Lei da Cadea que hoxe ven de ser aprobada no Congreso dos Deputados. Para a organización non cabe outra estratexia tras lograr que a distribución aceptara incrementar o prezo de venda ao público e que logo esa suba non se traslade aos gandeiros.

Para UUAA, Capsa e Lactalis son polo lugar que ocupan na FENIL e na Interprofesional Láctea, así como polo importantísimo volume de recollida que representan en Galicia, as principais culpables da nula rendibilidade das granxas lácteas a pesar das grandes ganancias que están a obter pola comercialización de produtos industriais. No último ano o prezo medio do litro de leite cobrado polos gandeiros galegos foi case 1 céntimo menor que a media nacional. Unha cifra que xa sitúa ás granxas da nosa Comunidade nun contexto de venda a perdas; que se agravou nos últimos meses co aumento dos custos de produción. Hai que lembrar que, a pesar de cobrar os prezos máis baixos do estado, os gandeiros galegos producen leite de calidade superior; cunha porcentaxe de materia graxa por enriba da media estatal. Un dato de especial relevancia debido á revalorización dun 35,67% en 2020 da manteiga; que sitúa a rendibilidade que as industrias obteñen do leite galego por enriba da media.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias