NORMATIVA DO DIA 09 DE DECEMBRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 09 DE DECEMBRO (235)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Resolución do 15 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de recuamento LMT POR707 no Tellado, no concello de Silleda, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/66-4).

Expropiacións.- Resolución do 15 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS GON804 e CS rúa Cansadoura, no concello de Nigrán, do cal resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/87-4).

Instalacións.- Resolución do 16 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2021/181-4).

Instalacións.- Resolución do 16 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Gondomar (expediente IN407A 2021/162-4).

Instalacións.- Resolución do 16 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2021/096-4).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 18 de novembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación dos montes Poza do Frade e outros, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente, no concello de Pontevedra.

 

BOP A Coruña 09 DE DECEMBRO (233)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parque eólico.- Resolución do 22 de novembro de 2021 da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de novembro de 2021, relativo ao parque eólico Campelo

 

BOP Pontevedra 09 DE DECEMBRO (237)

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

Subvencións e axudas.- Axudas destinadas a mitigar os efectos da crise provocada pola pandemia por covid-19 no tecido económico e empresarial

Código de procedemento: BDNS(Identif.):598539

Obxecto: Convocar ayudas destinadas al mantenimiento del tejido empresarial de Vila de Cruces con el objetivo de mitigar los efectos económicos negativos que produjeron en determinados sectores de la economía municipal especialmente perxudicados por la pandemia por coronavirus COVID-19.

Prazo de presentación: 09 de enero de 2022

Beneficiarios: Podrán solicitar estas ayudas las personas físicas o jurídicas, comunidades de bienes sociedades civiles u otras entidades económicas sin personalidad jurídica, legalmente constituidas y que cumplan una serie de requisitos

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias