NORMATIVA DO DIA 20 DE DECEMBRO DE 2021

Publicación da retirada de dereitos de pagamento básico da campaña 2021 e da campaña 2020, e as retiradas de dereitos pendentes das campañas 2019 e 2018 e da convocatoria para a concesión das primas de mantemento das forestacións.

BOE 20 DE DICIEMBRE (303)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE IGUALDAD

Adenda de prórroga Convenio.- Resolución de 14 de diciembre de 2021, del Instituto de las Mujeres, por la que se publica la V Adenda de prórroga del Convenio con Nuevo Microbank, SAU, para realizar actuaciones de promoción y apoyo a las mujeres emprendedoras y empresarias enmarcadas en el desarrollo del programa de microcréditos.

 

DOG 20 DE DECEMBRO (242)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Decreto 168/2021, do 2 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción Fomento da mobilidade sustentable, senda na OU-105, treito A Ponte Sevilla (punto quilométrico 0+000-0+850), na OU-536, treito Rabaza (punto quilométrico 0+790-2+320) e na avenida de Ponferrada (punto quilométrico 0+000-1+140), de clave OU/16/271.06, no concello de Ourense.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR670C). (Extracto)

Código de procedemento: MR670C. BDNS (Identif.): 599586

Obxecto: A orde, en réxime de concorrencia non competitiva, ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022, para a concesión das primas de mantemento correspondentes ás superficies forestadas mediante as axudas á creación de superficies forestais (medida 8.1 do PDR de Galicia 2014-2020, procedemento MR670C) dos anos 2022, 2023 e 2024.

Prazo de presentación:20 de xaneiro de 2021

Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarios todos os titulares dos expedientes pagados antes do 31 de decembro de 2021 ao abeiro das ordes do 8 de xuño de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e se convocan para ano 2017 (DOG nº 115, do 19 de xuño), do 17 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 81, do 26 de abril), do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 13, do 18 de xaneiro), e do 25 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 232, do 5 de decembro de 2019), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante, Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020; e que non fosen beneficiarios da convocatoria destas primas nos anos 2019 (DOG nº 23, do 1 de febreiro), 2020 (DOG nº 229, do 2 de decembro) e 2021 (DOG nº 14, do 22 de xaneiro)

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Retirada de dereitos.- Resolución do 30 de novembro de 2021 pola que se notifica a retirada de dereitos de pagamento básico da campaña 2021 e da campaña 2020, e as retiradas de dereitos pendentes das campañas 2019 e 2018.

https://fogga.xunta.gal/sites/w_fogga/files/ficheiros/pdf/pac/dereitos-retirados-en-2021.pdf

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Ampliacion de créditos.- Resolución do 14 de decembro de 2021 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia (código de procedemento IN421G).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parque eólico.- Acordo do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Ampliación Graiade, no concello de Porto do Son (A Coruña) (expediente IN408A 2020/91).

Parque eólico.- Acordo do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico Solpor, nos concellos de Mesía e Ordes (expediente IN408A 2018/26).

Expropiacións.- Resolución do 24 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declaran, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello de Lobios (expediente IN407A 2021/124-3).

 

BOP A Coruña 20 DE DECEMBRO (240)

Instalacións.- Acordo do 14 de decembro do 2021 da X.T. da Coruña polo que se somete a IP a solicitude de autorización admtva. previa, de construción e DUP, en concreto, da instalación de distribución eléctrica no concello de Cedeira (expte.-e.: IN407A 2021/195-1)

Instalacións.- Acordo do 14 de decembro do 2021 da X.T. da Coruña polo que se somete a IP a solicitude de autorización admtva. previa, de construción e DUP, en concreto, da instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente-e.: IN407A 2020/196-1)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias