BOE 21 DE DICIEMBRE (304)
III. OTRAS DISPOSICIONES
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN
Convenio con las Organizaciones Interprofesionales de Carne.- Resolución de 13 de diciembre de 2021, de la Dirección General de la Industria Alimentaria, por la que se publica la Adenda de prórroga y modificación del Convenio con la Organización Interprofesional Agroalimentaria del Ovino y Caprino de Carne, la Asociación Interprofesional Agroalimentaria del Porcino de Capa Blanca y la Organización Interprofesional Agroalimentaria de la Carne de Vacuno, para la promoción de los productos cárnicos españoles en los mercados internacionales, a través de la asistencia y desarrollo de actuaciones de promoción en ferias en los años 2021 y 2022.
DOG 21 DE DECEMBRO (243)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Convocatoria.- Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B). (Extracto)
Convocatoria.- Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C). (Extracto)
Código de procedemento: MT804C. BDNS (Identif.): 600181.
Obxecto: Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT804C). Prazo de presentación: 21 de xaneiro de 2022 Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde |
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Ampliación e redistribución de créditos Corrección de erros.- Resolución do 14 de decembro de 2021 pola que se amplían e se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia (código de procedemento IN421G).
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
Convocatoria. Programa Re-acciona – Resolución do 2 de decembro de 2021, conxunta do Instituto Galego de Promoción Económica e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se dá publicidade do acordo que aproba as bases reguladoras das axudas aos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas (programa Re-acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG401A). (Extracto).
Código de procedemento: IG401A
Obxecto: As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto conceder axudas ás pemes destinatarias dos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas, dentro do programa Re-acciona Prazo de presentación: Convocatoria 2022.1: comeza o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e remata o 28.1.2022. Convocatoria 2022.2: comeza o 31.1.2022 e remata o 4.3.2022. Convocatoria 2022.3: comeza o 7.3.2022 e remata o 8.4.2022 Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluídos os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial. |
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Parques eólicos.- Acordo do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico) en relación co proxecto de modificación do parque eólico Mondigo, nos concellos de Trabada e Ribadeo (Lugo) (expediente LU 2011/133-EOL).
Instalacións.- Resolución do 26 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2021/208-4).
Instalacións.- Resolución do 26 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2021/204-4).
Instalacións.- ResolucióN do 26 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Valga (expediente IN407A 2021/184-4).
Instalacions.- Resolución do 26 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barro (expediente IN407A 2021/171-4).
Parques eólicos.- Resolución do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción da addenda da modificación número 1 do proxecto de execución do parque eólico Picato, sito nos concellos de Guntín e Lugo, promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente 116 EOL).
BOP A Coruña 21 DE DECEMBRO (241)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 16 de decembro de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no Concello de Oleiros (Núm. Expte. IN407A 2021/133-1)
BOP Pontevedra 21 DE DECEMBRO (245)
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Expropiacións.- Sinalación da data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto PO/19/053.06 POIO
Expropiacións.- Sinalización da data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto PO/16/257.06