NORMATIVA DO DIA 31 D DECEMBRO DE 2021

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

BOE 31 DE DICIEMBRE (314)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Variedades comerciales de plantas.- Orden APA/1501/2021, de 23 de diciembre, por la que se dispone la inclusión de diversas variedades de distintas especies en el Registro de Variedades Comerciales.

 

DOG 30 DE DECEMBRO (250-Bis)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

COVID.- Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

DOG 31 DE DECEMBRO (251)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Orzamentos xerais.- Lei 17/2021, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Medidas fiscais e administrativas.- Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM.- Orde do 16 de decembro de 2021 de aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Lousame.

PXOM.- Orde do 16 de decembro de 2021 de aprobación definitiva da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Dodro (A Coruña).

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

Modelo de autoliquidación das taxas.- Resolución do 22 de decembro de 2021 pola que se actualizan os anexos VI e VII da Orde do 30 de xuño de 1992, da Consellería de Economía e Facenda, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 26 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2021/186-4).

Expropiacións.- Resolución do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMT derivada Rosende I, no concello de Sober (expediente 2020/3 AT).

Instalacións.- Resolución do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2021/291-4).

 

BOP A Coruña 31 DE DECEMBRO (249)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións programa ORSIA.- Resolución número 2021/50391 de concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa ORSIA: Programa de subvencións dirixido ás Organizacións Sindicais da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o

ano 2021

Concesións programa FO028A.- Resolución número 2021/50392 de concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FO028A: Convocatoria do programa de subvencións de agricultura dirixido ás entidades asociativas agrarias e labregas da provincia da Coruña para actividades durante o ano 2021

 

BOP Ourense 31 DE DECEMBRO (299)

CONCELLO DE CARBALLIÑO

Calendario Fiscal.- Calendario Fiscal para el ejercicio 2022 de los tributos y precios públicos de cobro periódico (Páx.7)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias