NORMATIVA DO DIA 4 DE XANEIRO DE 2022

Convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento para sistemas agroforestais

DOG 3 DE XANERIO (1 – BIS)

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

Covid.- Orde do 3 de xaneiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 14 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

DOG 4 DE XANERIO (2)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Resolución do 21 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convoca para o ano 2022 a prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, modificada pola Lei 12/2016, do 22 de xullo (código de procedemento SI434A). (Extracto)

Convocatoria.- Resolución do 21 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento SI434B).(Extracto)(Extracto)

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concocatoria.- Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (código de procedemento MR674B).(Extracto)

Código de procedemento: MR674B

Obxecto: contribuír ao éxito do establecemento do sistema agroforestal alcanzado, financiando os traballos de mantemento nos primeiros anos de existencia das plantacións realizadas.

Prazo de presentación: 4 de febreiro.

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios todos os titulares dos expedientes pagados antes do 31 de decembro de 2021 ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o exercicio orzamentario 2016 (DOG núm. 120, do 27 de xuño de 2016), e que non fosen beneficiarios da convocatoria destas primas no ano 2019 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2019), no ano 2020 (DOG núm. 241, do 19 de decembro de 2019) e no ano 2021 (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro de 2021)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Acordo do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente-e IN407A 2020/196-1).

Instalacións.- Acordo do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cedeira (expediente-e IN407A 2021/195-1).

Parque eólico.- Resolución do 15 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se dá publicidade da declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, relativa ao proxecto do parque eólico Serra de Liñares, nos concellos da Fonsagrada e Negueira de Muñiz (Lugo), promovido por AV Serra de Liñares, S.L.U. (expediente LU-11/146-EOL).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Autorización ambiental integrada.- Anuncio do 30 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental presentados por Froitos Ecolóxicos do Deza, S.L., para a ampliación dunha explotación avícola para produción de ovo campeiro situada no concello de Antas de Ulla (expediente 2021-IPPC-I-35).

Parque eólico.- Anuncio do 21 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto Parque eólico Lagoa II, nos concellos de Santa Comba e Zas (expediente 2020/0282).

 

BOP A Coruña 4 DE XANEIRO (2)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 28 de decembro de 2021 da Xefatura Territorial da Coruña pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cambre (núm. expte:IN407A 2021/170-1)

 

BOP Pontevedra 4 DE XANEIRO (2)

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Resolución do 20 de decembro de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de MSV e Mellora da Accesibilidade na PO-330, de clave PO/19/158.06, no concello de Vigo

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Calendario fiscal 2022.- normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos municipais. Calendario de cobro do exercicio 2022.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias