NORMATIVA DO DIA 7 DE XANEIRO DE 2022

Notificación das resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2021.

DOG 7 DE XANEIRO (4)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Concesións.- Resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e o mantemento dos bens informáticos e dos medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321B).

Concesións.- Resolución do 3 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321A).

Organismo de corentena.- Resolución do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se prorrogan as medidas para a erradicación do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. ou nematodo da madeira do piñeiro.

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

Modificaciones do Sixpac.- Resolución do 15 de decembro de 2021 pola que se notifican as resolucións das solicitudes de modificación do Sixpac da campaña 2021.(Enlace)

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

Concesións.- Resolución do 23 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2021/209-4).

Instalacións.- Resolución do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2021/205-4).

Instalacions.- Resolución do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Incio (expediente IN407A 2021/80 AT).

Instalacións.- Anuncio do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a afección de varias parcelas pola instalación eléctrica LMTA ATI727, CTI na Bouza (expediente IN407 2021/205-4), prevista no termo municipal do Porriño.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias