NORMATIVA DO DIA 11 DE XANEIRO DE 2022

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 11 DE XANEIRO (6)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

Convovatoria.- Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declarados/as en situación de garda con fins adoptivos no ano 2022, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B). (Extracto)

Convocatoria.- Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403G).(Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Parque eólico. Corrección de erros.- Acordo do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto da LAT 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179).

 

BOP A Coruña 11 DE XANEIRO (6)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 22 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cedeira (expediente-e.: IN407A 2021/55-1)

Instalacións.- Acordo do 22 de decembro de 2021 polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación de distribución eléctrica en Narón (IN407A 2021/198-1)

Instalacións.- Acordo do 22 de decembro de 2021 polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica en Santiago de Compostela (IN407A 2021/201-1)

 

BOP Pontevedra 11 DE XANEIRO (6)

CONCELLO DE LALÍN

Bases reguladoras.- Bases reguladoras a concesión, por concorrencia non competitiva, de axudas económicas extraordinarias a autónomos e pemes do Concello de Lalín afectados na súa actividade económica pola pandemia da COVID-19.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias