NORMATIVA DO DIA 12 DE XANEIRO DE 2022

Publicación das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas.

DOUE 12 DE ENERO

LEGISLACIÓN (L007)

DECISIONES

Peste porcina africana.- Decisión de ejecución (UE) 2022/33 de la Comisión de 10 de enero de 2022 por la que se deroga la Decisión de Ejecución (UE) 2021/2021 relativa a determinadas medidas de protección por lo que respecta a la peste porcina africana en Alemania [notificada con el número C(2022) 155]

 

DOG 12 DE XANEIRO (7)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

PXOM Valga.- Orde do 17 de decembro de 2021 de aprobación definitiva da modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal de Valga (Pontevedra).

BTUG e BTG.- Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se aproban as especificacións de produto da Base topográfica urbana de Galicia (BTUG) e as especificacións de produto da Base topográfica de Galicia (BTG) como normas técnicas de produción de cartografía de Galicia.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 9 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR536A).(Extracto)

Código de procedemento: MR536A

Obxecto: Tramitadas en réxime de concorrencia competitiva, teñen como finalidade: 1. O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros. 2. A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal. 3. A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións. 4. A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Prazo de presentación: 14 de febreiro de 2022

Beneficiarios: Organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 21 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello de Ourense (expediente IN407A 2021/99- 3).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Informe ambiental estratéxico PXOM (Boborás).- Anuncio do 28 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Boborás na Almuzara, no concello de Boborás (expediente 2021AAE2612).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 16 de decembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación do monte Torreiro da Gándara, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso, no concello de Redondela.

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 16 de decembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de inicio do expediente de clasificación do monte Cachón, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Liñares, parroquia de Liñares, concello das Neves (Pontevedra).

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias