DOUE 13 DE ENERO
LEGISLACIÓN (L8)
DECISIONES
Gripe aviar.- ESPACIO ECONÓMICO EUROPEO. ÓRGANO DE VIGILANCIA DE LA AELC Decisión delegada n.o 264/21/COL de 23 de noviembre de 2021 relativa a las medidas de emergencia en Noruega en relación con los brotes de gripe aviar de alta patogenicidad con arreglo al artículo 259, apartado 1, letra c), del Reglamento (UE) 2016/429 y a los artículos 21, 39 y 55 del Reglamento Delegado (UE) 2020/687 [2022/40].
DOG 13 DE XANEIRO (8)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Convocatoria.- Orde do 21 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 das axudas a investimentos non produtivos vinculadas á realización de obxectivos agroambientais e climáticos no ámbito dos parques naturais de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT819A). (Extracto)
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR443A).(Extracto).
Código de procedemento: MR443A
Obxecto: a contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2022 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios Prazo de presentacion: As datas de inicio e o prazo de subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no Plan anual para o ano 2022, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas de seguro de que se trate. Beneficiarios: A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas de forma directa aos agricultores e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2022 e liñas gandeiras dos plans 2021 e 2022, formalizadas no ano 2022, incluídas as regularizacions destas liñas de plans anteriores, sempre que cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde, segundo se desprende do artigo 20.1 do Real decreto 425/2016, así como do punto décimo do 43º Plan de seguros agrarios combinados aprobado pola Comisión Xeral da Entidade Estatal de Seguros Agrarios, con data do 30 de novembro de 2021, e da disposición adicional primeira desta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental. 2. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal |
BOP A Coruña 13 DE XANEIRO (8)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Acordo do 10 de xaneiro de 2022 da Xefatura Territorial da Coruña de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/106-1)
Expropiacións.- Acordo do 10 de xaneiro de 2022 da Xefatura Territorial da Coruña de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, no concello de Porto do Son (expediente IN407A 2020/204-1)
CONCELLO DE AMES
Convocatoria.- Acuerdo de la Junta de Gobierno Local de 30 de diciembre de 2021 por el que aprueban las bases reguladoras y convocatoria para la concesión de ayudas a reactivación económica del comercio y la hostelería del Ayuntamiento de Ames a través de las tarjetas bono “Ames Progresa”.