Convocatoria.- Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR443A).(Extracto)
Código de procedemento: MR443A
Obxecto: a contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2022 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios Prazo de presentacion: As datas de inicio e o prazo de subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro sinálanse de forma particular para cada liña de contratación no Plan anual para o ano 2022, onde constan as datas de inicio para a subscrición das pólizas de seguro de que se trate. Beneficiarios: A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas de forma directa aos agricultores e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2022 e liñas gandeiras dos plans 2021 e 2022, formalizadas no ano 2022, incluídas as regularizacions destas liñas de plans anteriores, sempre que cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde, segundo se desprende do artigo 20.1 do Real decreto 425/2016, así como do punto décimo do 43º Plan de seguros agrarios combinados aprobado pola Comisión Xeral da Entidade Estatal de Seguros Agrarios, con data do 30 de novembro de 2021, e da disposición adicional primeira desta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental. 2. As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal |