DOUE 18 DE ENERO
LEGISLACION (L11)
REGLAMENTOS
Peste porcina.- Reglamento de ejecución (UE) 2022/65 de la Comisión de 17 de enero de 2022 que modifica el anexo I del Reglamento de Ejecución (UE) 2021/605, por el que se establecen medidas especiales de control de la peste porcina africana
DOG 18 DE XANEIRO (11)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Convocatoria.- Resolución do 23 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI427A).(Extracto)
Código de procedemento: SI427A
Obxecto: bases reguladoras e a convocatoria no ano 2022 das axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro rexistradas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), para o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Prazo de presentación:18 de febreiro Beneficiarios: 1. Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta resolución as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións. |
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Convocatoria.- Resolución do 27 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan estas subvencións para o ano 2022 (códigos de procedemento IN421N e IN421P). (Extracto)
Código de procedemento: IN421N e IN421P
Obxecto: O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible. Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de marzo de 2022 ás 9.00 horas e rematará o 1 de xullo de 2022 ou cando se esgoten os fondos. Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, non podendo estas disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia |
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 22 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2021/301-4).
Expropiacións.- Anuncio do 29 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de ampliación de potencia no CT Bemil, no concello de Caldas de Reis.
Expropiacións.- Anuncio do 30 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica Ad. LAT 66 kV Ponte Sampaio-Redondela, apoios 393 e 418, no concello de Redondela.
Expropiacións.- Anuncio do 30 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TRO701 ao CT Subride, no concello de Vigo.
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Concentración parcelaria.- Anuncio do 21 de decembro de 2021 polo que se dá publicidade da Resolución do 15 de decembro de 2021, da directora xeral de Desenvolvemento Rural, que modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Vilatuxe (Lalín-Pontevedra).
Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 30 de decembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas (ampliación), no concello de Monforte de Lemos (expediente 6/2019).
BOP A Coruña 18 DE XANEIRO (11)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Expropiacións.- Acordo do 12 de xaneiro de 2022 da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación industrial, no concello de Culleredo
BOP Lugo 18 DE XANEIRO (13)
DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Resolucións.- resolución definitiva de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar a xestión e mantemento das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e das faixas laterais das vías de titularidade municipal, dentro dos terreos das comunidades de montes veciñais en man común, na execución do programa “O QUE NON ARDE”, na anualidade 2021.
BOP Pontevedra 18 DE XANEIRO (11)
CONCELLO DE VIGO
Convocatoria.- Programa de axudas económicas directas de apoio para mulleres vítimas de violencia de xénero para o ano 2022.