Unións Agrarias participará na manifestación do 23 de xaneiro en Madrid

Agricultores e gandeiros galegos desprazaranse para tomar parte na mobilización transversal convodada por Alma Rural

Agricultores e ganadeiros galegos desprazarsanse esta fin de semana ata Madrid para participar na marcha transversal convocada por Alma Rural o domingo 23 de xaneiro. Unións Agrarias súmase a esta gran mobilización, coa que se retoman as protestas nas que o sector agrogandeiro se atopaba inmerso antes da pandemia. Accións que son hoxe máis necesarias se cabe, trala entrada en vigor da reforma da Lei de Cadea Alimentaria e nun momento de crise para os produtores debido á forte e constante suba dos custos de produción e os baixos prezos.

A organización considera importante que os agricultores e gandeiros que xestionan máis do 85% do territorio español estean presentes nunha mobilización na que participará un amplo número de colectivos diversos ligados ao medio rural. “Aspiramos á viabilidade económica das explotacións e a que ningún produtor cobre por debaixo do que lle custa producir. Pero tamén aspiramos a que quen viva no rural teña servizos semellantes á poboación doutras zonas” indicou o secretario xeral de UUAA; que tamén puxo o foco na necesidade de pechar dunha vez por todas a fenda dixital que afecta ao rural e que lastra as posibilidades de emprendemento e de fixación de poboación alén dos grandes núcleos.

Unións Agrarias destaca a necesidade de que os servizos públicos que lle foron roubados ao rural coa escusa da última crise económica, especialmente os relacionados con educación e sanidade, sexan restaurados. E reinvica a urxencia de sumar forzas para loitar contra o despoboamento e conseguir que quen produce alimentos sustentables e de calidade perciba rendas dignas. A organización destaca que vivir no rural non pode significar ser cidadán de segunda. E reivindica dereitos e calidade de vida garantidos para todas as persoas que aposten por un proxecto de vida ligado ao medio rural; xa sexan gandeiros, agricultores, emprendedores ou profesionais de calquera outro sector.

A mobilización convocada para este domingo 23 comezará ás 11 da mañá na Praza de San Juan de la Cruz, onde se realizará a lectura de manifestos e se exporán as reinvidicacións dos disferentes colectivos que participan na protesta. A acción culminará en Atocha, tras un percorrido de 4 quilómetros polas rúas da capital que arrincará ás 12 do mediodía.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias