Convocatoria.- Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MT809D).(Extracto)
Código de procedemento: MT809D
Obxecto: axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies Prazo de presentación:Ata o 21 de febreiro. Beneficiarios: 1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo e o oso: Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta, equino e apícola que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia. 2. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril:. a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo. |