NORMATIVA DO DIA 21 DE XANEIRO DE 2022

Publicacións das axudas para a adquisición de vivendas protexidas

DOG 21 DE XANEIRO (14)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

Expropiacións.- Decreto 175/2021, do 23 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de glorieta e de acondicionamento de travesía na AC-550, nos puntos quilométricos 71+100-72+400, no concello de Noia (clave AC/20/077.06).

Expropiacións.- Decreto 176/2021, do 23 de decembro, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de sendas na AC-552, treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, no concello de Coristanco (A Coruña) (clave AC/19/132.06).

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía social) e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).(Extracto)

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

Convocatoria.- Resolución do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan para o ano 2022 as axudas para a adquisición de vivendas protexidas (código de procedemento VI420C).(Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Resolución do 3 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS TRO701 ao CT Subride, no concello de Vigo, de que é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2019/230-4).

Expropiacións.- Resolución do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Adecuación LAT 66 kV Ponte Sampaio-Redondela entre os apoios 393 e 418, no concello de Redondela, do cal é beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/94-4).

Instalacións.- Resolución do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Soutomaior (expediente IN407A 2021/263-4).

Instalacións.- Resolución do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Meis (expediente IN407A 2021/232-4).

Instalacións.- Resolución do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2021/267-4).

Instalacións.- Resolución do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2021/247-4).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 3 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola no monte veciñal en man común de Casardeita, na parroquia de Macendo, concello de Castrelo do Miño (expediente 2021/0101).

 

BOP A Coruña 21 DE XANEIRO (14)

CONCELLO DE AMES

Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas.- Acuerdo de la Junta de Gobierno Local de 30 de diciembre de 2021 por el que se convocan las ayudas del “Plan Ames Progresa” dirigidas al mantenimiento del empleo y del tejido empresarial local en el 2021

 

BOP Pontevedra 21 DE XANEIRO (14

CONCELLO DE PONTEVEDRA

Subvencións e axudas.- Extracto del acuerdo de la convocatoria pública para solicitar ayudas a actuaciones de rehabilitación de edificios y viviendas en el área de rehabilitación integral del núcleo de estribela y del conjunto histórico de Pontevedra. remanentes Plan Estatal De Vivienda 2013-2016. Nº expediente: 2021/SUBCC/000015

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias