DOG 24 DE XANEIRO (15)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Convocatoria.- Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).(Extracto)
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605B).(Extracto)
Código de procedemento: MR605B
Obxecto: axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, e especificamente en piñeirais de piñeiro do país (Pinus pinaster), piñeiro insigne (Pinus radiata) e piñeiro negral (Pinus nigra) nas provincias da Coruña e Lugo, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR605B), e convocalas para o ano 2022. Prazo de presentación:24 de febreiro Beneficiarios: Serán beneficiarias as persoas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do arrendatario do terreo a un terceiro. |
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Concesións.- Resolución do 13 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2021 (código de procedemento IN421L).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Expropiacións.- Anuncio do 10 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2020/204-1, no concello de Porto do Son.
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 13 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación porcina de ceba ata 2.980 prazas en Zas de Rei, no concello de Melide (A Coruña) (expediente 2018/0190).
BOP A Coruña 24 DE XANEIRO (15)
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Instalacións.- Resolución do 14 de xaneiro de 2022 pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no Concello de A Coruña (IN407A 2021/189-1)
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
Programa FO203- Bases da convocatoria.- R.P. 3481/2022.- Aprobación das bases do Programa FO203/2022. Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais durante o ano 2022
Programa FO204- Bases da convocatoria.- R.P. 3482/2022.- Aprobación das bases do Programa FO204/2022. Bases reguladoras do programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar investimentos culturais durante o ano 2022
Programa FO213- Bases da convocatoria.- R.P. 3483/2022.- Aprobación das bases do Programa FO213/2022. Bases reguladoras do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2022
Programa FO214 – Bases da convocatoria.- R.P. 3485/2022.- Aprobación das bases do Programa FO214/2022. Bases reguladoras do programa de subvencións a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia da Coruña, para a realización de investimentos culturais durante o ano 2022.
Programa FO215 – Bases da convocatoria.- R.P. 3484/2022.- Aprobación das bases do Programa FO215/2022.Bases reguladoras do programa de subvencións para o desenvolvemento de actividades por parte das entidades sen ánimo de lucro con función de representación sectorial e colectiva a nivel galego das persoas e/ou entidades existentes nos diferentes sectores profesionais e amadores da cultura galega, durante o ano 2022