AXUDAS PARA A CREACIÓN DE SUPERFICIES FORESTAIS

Convocatoria.- Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR670B).(Extracto)

Codigo de procedemento: MR670B. BDNS (Identif.): 607678

Obxeto: Regular as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas

Prazo de presentación:15 de marzo

Beneficiarios: 1. Serán beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, e non se admitirá a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro. 2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), as persoas propietarias particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios/as particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os proindivisos legalmente constituídos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e de fabeo, as comunidades de bens, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias