NORMATIVA DO DIA 9 DE FEBREIRO DE 2022

Publicación das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022

BOE 9 DE FEBRERO (34)

I. DISPOSICIONES GENERALES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Producción vitícola.- Real Decreto 111/2022, de 8 de febrero, por el que se modifica el Real Decreto 1338/2018, de 29 de octubre, por el que se regula el potencial de producción vitícola.

Sector vitivinícola.- Real Decreto 112/2022, de 8 de febrero, por el que se modifica el Real Decreto 1363/2018, de 2 de noviembre, para la aplicación de las medidas del programa de apoyo 2019-2023 al sector vitivinícola español.

Subvenciones.- Real Decreto 113/2022, de 8 de febrero, por el que se establecen las bases reguladoras de las subvenciones para el fomento de acciones de transferencia de conocimientos e información y adquisición de competencias en digitalización, y para el asesoramiento, gestión y sustitución, destinadas al sector agroalimentario, en el marco del Programa Nacional de Desarrollo Rural 2014-2020, y se aprueba su convocatoria para los ejercicios 2022 y 2023.

 

DOG 9 DE FEBREIRO (27)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).(Extracto)

Código de procedemento: Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, código de procedemento MR405A). Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A). Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código de procedemento MR405B).

Obxecto: a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización. b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Prazo de presentación: 9 de marzo.

Beneficiarios: Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, código de procedemento MR405A). a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias. b. Persoas agricultoras mozas que se instalan nunha explotación de nova creación. Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A). a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, non teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación. Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código de procedemento MR405B). a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias

 

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Expropiacións.- Acordo do 28 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, PIA) do proxecto do parque eólico A Lagoa I, nos concellos de Santa Comba e Zas (expediente IN661A 2009/001).

Instalacións.- Resolución do 31 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente 2021/23 ATE).

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Declaración de impacto ambiental.- Anuncio do 25 de xaneiro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación porcina de ceba de ata 2.489 cabezas, na parroquia de Carboentes, no concello de Rodeiro (Pontevedra) (expediente 2021/0072).

 

BOP A Coruña 9 DE FEBREIRO (27)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Convocatoria de subvenciones y ayudas públicas.- Extracto de la Resolución número 6503, de 3 de febrero de 2022, de la Presidencia de la Diputación de A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria del ¿Programa de subvenciones destinado a entidades lucrativas para la producción de proyectos singulares de especial interés cultural en la provincia de A Coruña durante el año 2022¿ (FO300/2022). (Bases de la convocatoria)

 

BOP Ourense 9 DE FEBREIRO (32)

CONCELLO DE TOÉN

Convocatoria.- Bases Reguladoras de la Convocatoria de Concurso Público para la Concesión de Ayudas por Nacimiento o Adopción a través del “Cheque bebé” 2022 (exp. 29/2022) [124/2022] (Páx 4) (Extracto. Páx.7).

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias