PLANS DE MELLORA E INCORPORACIÓN DE MOZOS

Convocatoria.- Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).(Extracto)

Código de procedemento: Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, código de procedemento MR405A). Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A). Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código de procedemento MR405B).

Obxecto: a) Incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización. b) Asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario.

Prazo de presentación: 9 de marzo.

Beneficiarios: Submedida 4.1. Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias, código de procedemento MR405A). a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias. b. Persoas agricultoras mozas que se instalan nunha explotación de nova creación. Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas (código de procedemento MR404A). a. Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, non teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación. Submedida 6.3. Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (código de procedemento MR405B). a. Persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrarias

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias