DOG 16 DE FEBREIRO (32)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO
Expropiacións.- Decreto 15/2022, do 27 de xaneiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de alarga e mellora do camiño público Arufe-Churío, no termo municipal de Irixoa (A Coruña).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Convocatoria.- Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724C).(Extracto)
AXENCIA TURISMO DE GALICIA
Convocatoria.- Resolución do 9 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503D).(Extracto)
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Expropiacións.- Resolución do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución apoio A3M2DE63 na LMT MUR817, no concello de Pontevedra, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2021/63-4).
Instalacións.- Anuncio do 2 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación industrial no concello de Culleredo.