Convocatoria.- Resolución do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).(Extracto)
Código de procedemento: Concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IN414C), selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IN414B)
Obxecto: Subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos Prazo de presentación: O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 23 de marzo de 2022 ás 9.00 e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos. Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren no listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal |