NORMATIVA DO DIA 08 DE MARZO DE 2022

Ampliación de prazo das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións

DOG 08 DE MARZO (46)

II. AUTORIDADES E PERSOAL

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Cesamentos.- Decreto 25/2022, do 25 de febreiro, polo que se dispón o cesamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

Nomeamentos.- Decreto 26/2022, do 25 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Convocatoria.- Orde do 7 de marzo de 2022 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).(Extracto)

Código de procedemento: MR404A, MR405A e MR405B

Prazo de presentación: 11 de abril de 2022. Unha vez finalizado o prazo de solicitude e antes da aprobación non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

 

 

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 11 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2022/23-4).

Instalacións.- Resolución do 11 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/22-4).

Instalacións.- Resolución do 14 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2022/24-4).

Instalacións.- Resolución do 14 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/21-4).

Instalacións.- Resolución do 14 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cuntis (expediente IN407A 2022/14-4).

Instalacións.- Resolución do 14 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza a execución do proxecto de desmontaxe dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2020/168-4).

Instalacións.- Resolución do 15 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2021/280-4).

Expropiacións.- Anuncio do 21 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de información pública dos bens e dereitos afectados correspondentes ao expediente da LMT, CT e RBT derivada Piño (concello da Pobra de Brollón) (expediente IN407A 004/2017 AT).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 18 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Taboexa, a favor da veciñanza da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Taboexa, no concello das Neves (Pontevedra).

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 18 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Bouzas a favor da veciñanza da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común das Bouzas, na parroquia de Sanguiñedo, do concello de Dozón (Pontevedra).

 

BOP A Coruña 08 DE MARZO (46)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Expropiacións.- Anuncio de levantamento de actas previas á ocupación relativa á expropiación DP 7602 Feira de San Sadurniño a Riboira. Ampliación e senda do p.q. 0+100 ao 1+600 (San Sadurniño) 2021.1170.0006.0 DP 7602

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias