NORMATIVA DO DIA 14 DE MARZO DE 2022

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais

DOUE 14 DE MARZO

LEGISLACIÓN (L85)

DECISIONES

Gripe aviar.- Decisión de ejecución (UE) 2022/417 de la Comisión de 8 de marzo de 2022 por la que se modifica el anexo de la Decisión de Ejecución (UE) 2021/641, sobre medidas de emergencia en relación con los brotes de gripe aviar de alta patogenicidad en determinados Estados miembros [notificada con el número C(2022) 1516]

 

BOE 14 DE MARZO (62)

III. OTRAS DISPOSICIONES

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN

Seguros agrarios combinados.- Resolución de 9 de marzo de 2022, de la Subsecretaría, por la que se publica el Acuerdo del Consejo de Ministros de 8 de marzo de 2022, por el que se modifica el Acuerdo de 30 de noviembre de 2021, por el que se aprueba el cuadragésimo tercer Plan de Seguros Agrarios Combinados.

 

DOG 14 DE MARZO (50)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Modificación do II Plan de rescate.- Orde do 4 de marzo de 2022 pola que se modifica a Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Instalacións.- Resolución do 26 de xaneiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Narón (expediente-e IN407A 2021/51-1).

Instalacións.- Resolución do 14 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2021/60 AT).

Expropiacións.- Resolución do 17 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2021/143-3).

Expropiacións.- Resolución do 18 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica nos concellos de Cenlle e San Amaro (expediente IN407A 2021/144-3).

Expropiacións.- Resolución do 18 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2021/139-3).

Instalacións.- Resolución do 18 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sada (expediente-e IN407A 2021/179-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 22 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre a revisión do esbozo do monte veciñal denominado Monte de Covas, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Covas, concello de Forcarei (Pontevedra).

Clasificación de Montes Veciñais en Man Común.- Anuncio do 22 de febreiro de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Covas con propiedades particulares, do concello de Forcarei, ao respecto da estrema común dos seus montes.

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Banco de Terras de Galicia.- Anuncio do 1 de marzo de 2022 polo que se notifican as propostas de resolución por desistencia e a comunicación de dispoñibilidade dun predio relativas ao procedemento de cesión temporal de predios do Banco de Terras de Galicia.

AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Expropiacións.- Anuncio do 21 de febreiro de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de acondicionamento da OU-540, treito Celanova-fronteira portuguesa (puntos quilométricos 29+000-71+910), de clave OU/19/178.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias