UUAA PIDE O MESMO APOIO PARA TODAS AS GRANXAS EN CRISE

As axudas por vaca de leite superan en 155 euros ás de vacún de carne

 

Santiago, 9 de abril de 2022.- A organización Unións Agrarias denuncia a diferencia de trato que sofren as ganderías de carne a hora de percibir as axudas directas previstas polo Goberno para facer fronte as consecuencias económicas derivadas da guerra en Ucraína.

Pola información que se vai coñecendo, as granxas de vocación láctea percibiran ata 210 euros por vaca, mentres que no caso do vacún de carne apenas acada os 55 euros por animal. Este diferencial carece de toda lóxica cando son as explotacións cárnicas as que mais perdas veñen arrastrando como consecuencia primeiro do peche da hostalaría pola pandemia e agora polo incremento de custes na alimentación animal e nos combustibles.

Ademais, resulta tremendamente inxusto, que mentres os produtores de leite se lles ingrese directamente os fondos, os de carne teñan que solicitalas para que logo no seu caso, sexan aprobadas e abonadas. Para UUAA, resulta imperativo que a Xunta de Galicia complemente as primas previstas para as granxas de vacún de para chegar a equilibrar coas previstas para o sector lácteo, primeiro por unha cuestión de xustiza e ademais porque estas supoñen o derradeiro soporte económico e social para comarcas enteiras nas que o despoboamento e o colapso demográfico son xa unha realidade. Un territorio nos que de non manterse as pradarías como cortalumes, o mato convertirase nunha bomba incendiaria forestal de imposible extinción.

Desde a organización agraria, bótase en falta unha liña de axudas para o sector cunícola, que so en Galicia supón mais de 200 granxas, a pesar da súa gran exposición ao peche de mercados e o encarecemento dos pensos. Do mesmo xeito e no ámbito da agricultura non aparece na orde un apoio a produción de pataca, tendo en conta que este sector é un dos grandes perxudicados tanto polo encarecemento dos combustible e a enerxía como polo prezo disparado no que se están a situar os fertilizantes.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias