UUAA, Ventonoso e Fademur asinan o Pacto por unha Enerxía Eólica Sostible para Galicia

As organizacións rubrican, xunto a PSdeG, UGT e CCOO un documento que aposta por un novo modelo de desenvolvemento enerxético

Unions agrarias e FADEMUR Galicia asinan, xunto a Ventonoso, PSdeG-PSOE, UGT e CCOO, o “Pacto por unha Enerxía Eólica Sostible para Galicia”. As organizacións rubricaron un documento que aposta por un novo modelo de desenvolvemento enerxético para a Comunidade, co foco posto nos dereitos da veciñanza das zonas nas que se instalen os parques.

Nos últimos anos o sector eólico apenas ten xerado desenvolvemento rural en Galicia debido á falta dun marco normativo axeitado; que permitira poñer en marcha fórmulas de compensacións para a mellora de vida dos habitantes das zonas rurais onde se implantan os parques; e que garanta ademais unhas rendas xustas para os propietarios da terra e as comunidades de montes pola ocupación dos seus terreos. Unha realidade que Unións Agrarias, Ventonoso e Fademur-Galicia entenden debe mudar.

UUAA considera que é necesario un novo marco normativo que convirta as novas instalacións de enerxías renovables que virán, habida conta da decidida aposta de Europa por este modelo, nunha oportunidade para a veciñanza do rural. Por iso a organización tense sumado a un pacto que insta ás administracións con competencias nas autorizacións de novas instalacións a garantir, a través dunha axeitada normativa, os seguintes puntos:

1. Que os parques se instalarán cun axeitado consenso na veciñanza, para iso:
  • Non se concederá a Utilidade Pública dos proxectos eólicos, nin se autorizarán expropiacións nos parques que non conten alomenos con contratos voluntarios no 50% da superficie de implantación.
  • Non se autorizará a implantación de novos parques eólicos en solo agrario en produción.
  • A recalificación urbanística de terreos se limitará ao estritamente necesario dende o punto de vista técnico. Nas expropiacións pagaríanse todos os conceptos afectados pola recualificación urbanística.
  • Fixaranse as distancias dos aeroxeradores ás vivendas e núcleos de poboación en función das características e potencia dos
  • Nas autorizacións administrativas dos novos parques primaránse por parte das empresas promotoras, as medidas compensatorias de contido social para as comunidades afectadas pola instalación dos parques, como fondos para os concellos destinados ás políticas sociais, participación na produción enerxética para utilizar en proxectos de autoconsumo locais, despregue de puntos de carga de vehículos eléctricos, axudas para a xestión forestal nas zonas de implantación, ou sinerxias como a instalación de banda ancha de internet, ou o pago do custe da factura eléctrica aos veciños.
  • Creación dun observatorio de enerxía eólica galego que sustitúa e complete ao recen creado observatorio para a enerxía eólica mariña. Que facilite información e transparencia ás propostas, contratos e prezos das empresas eólicas aos afectados polos procedementos de instalación de parques eólicos.
2. Que os parques respectarán a integración medioambiental.
  • Esixiranse avaliacións de impactos medioambientais rigorosas, que terán en conta a sinerxia de varios proxectos nunha mesma área, a existencia de ecosistemas fráxiles, ou a presenza de especies ameazadas ou en perigo de extinción.
  • Primarase a instalación de aeroxeneradores con innovacións tecnolóxicas que reduzan o seu impacto ambiental e pegada de carbono, como os fabricados con palas de materiais reciclables.
3. Que os parques teñan sinerxías coa creación de emprego e valor engadido, para iso:
  • Buscarase a integración da produción da enerxía eólica coas necesidades do sector primario (enerxía para frío, deshidratación, maquinaria industrial) e do consumo enerxético do sector industrial.
  • Primaranse os proxectos nos que os parques vaian asociados a unha aplicación directa da enerxía eólica, máis aló do seu vertido directo á rede, como o seu uso na xeración de hidróxeno verde, ou uso directo da enerxía xerada en transformacións industriais asociadas.
  • Valoraranse os proxectos empresariais asociados as autorizacións eólicas (instalación de fabricación, ensamblaxe ou mantemento de compoñentes eólicos), que xeren emprego adicional.
  • Valoraranse os acordos de PPA´s (Power Purchase Agreements) con empresas electrointensivas; e parques eólicos, de as localizadas directamente no entorno de afectación dos xeito que poidan contar no seu proceso produtivo cun custo enerxético coñecido a varios anos vista, reforzando a súa viabilidade e competitividade.
4. Que os parques teñan unha axeitada fiscalidade, para iso:
  • Revisarase o canon eólico fixado na Lei Eólica de Galicia, de xeito que se pague por potencia instalada e non por número de aeroxeradores.
  • Serán de aplicación aos parques os tipos máis altos previstos na lexislación do IBI, Impostos de Bens Inmobles.

“PACTO POR UNHA ENERXÍA EÓLICA SOSTIBLE PARA GALICIA”

O Cambio Climático leva dende hai máis de 40 anos sendo a principal ameaza para as sociedades humanas a nivel global, e nos últimos anos, o seu impacto xa está a ser evidente para todos. Enfrontámonos a perigos tanto polos fenómenos naturais derivados (ondas de calor, incendios forestais, secas, etc.) como pola inestabilidade social provocada pola perda e destrución de recursos naturais.

Pero non estamos afrontando soamente un problema medioambiental, tamén temos un reto social e económico; a dependencia enerxética que sofre o noso país, que no ano 2019 (último ano con datos fiables dada a posterior pandemia) estaba no 79,5% de fontes de enerxía primarias importadas e de orixe fósil, fronte a un 20,5% de renovábeis e autóctonas.

Os retos da loita contra o Cambio Climático moveron en xullo de 2021 á Comisión Europea, a lanzar o ambicioso paquete de medidas da estratexia “Fit 55”, que busca para a Unión un obxectivo de neutralidade carbónica da xeración da enerxía para o ano 2050, e un fito de redución do 55% das emisións respecto do nivel do ano 1990, para o ano 2030.

No que atinxe a España esta estratexia se ten concretado no obxectivo de redución do 23% para o ano 2030. Non obstante, a futura Directiva de Eficiencia Enerxética prevista para 2022, fixará un obxectivo anual de redución vinculante, é aínda máis ambicioso que o indicado na estratexia Fit 55.

Neste contexto, hai unha necesidade real para España de aumentar o ritmo de despregue das enerxías renovables, xa que deberán alcanzar unha cota mínima do 40%, no ano 2030, partindo do 19,7% actual. Todo indica, que a eólica e a solar fotovoltaica serán as tecnoloxías, sobre as que se pivotará para alcanzar os novos obxectivos de obrigado cumprimento.

Existe pois unha obriga, que a maiores dun reto, ten que supoñer unha oportunidade de integrar a enerxía renovable no desenvolvemento da nosa economía, recuperando o potencial industrial nestas enerxías que tivemos no pasado e que perdemos por culpa da paralización da implantación de enerxías renovábeis durante 12 años, paralización que supuxo a perda de Galicia dun liderado industrial no sector e milleiros de empregos.

Galicia ten sido un territorio cun despregamento anticipado de enerxía eólica, da que ten abundante recurso, pero agora as instalacións quédanse anticuadas e deterióranse co paso do tempo, provocando que quedemos ano tras ano vaiamos atrasando postos na redución da nosa elevadísima dependencia enerxética.

As especiais condicións xeoclimáticas do territorio galego fan que a enerxía eólica sexa comparativamente moi rendible, o que supón unha oportunidade de seguir avanzando cara as emisións cero, unha vez que as posibilidades de aumentar a capacidade hidráulica están esgotadas. Asemade concorren en Galicia dous feitos que están a disparar as expectativas para a instalación de novos parques eólicos, como son a paralización e desmantelamento inmediato das centrais térmicas de carbón de Meirama e As Pontes, que liberarán 2025,5 MW de potencia nos nodos de conexión a Red Eléctrica susceptibles de cubrirse con enerxía eólica, xunto ás posibilidades de financiamento que trae o despregue do PERTE da enerxía renovable, dos fondos de reconstrución post Covid, do paquete Next Generation EU- Fondo de Recuperación Europeo, que teñen como un dos seus eixos prioritarios de aplicación a transición ecolóxica, concepto no que se inclúen as iniciativas ligadas á xeración renovable ou os fondos de “Transición Xusta” vinculadas o peche antes mencionado das térmicas de carbón e que son aplicables nas dúas comarcas afectadas.

Non debemos ignorar o feito de que existe hoxe unha lexítima preocupación da sociedade galega segundo se van coñecendo as novas propostas para a instalación de novos parques eólicos, que pretenden sumar aos máis de 4100 MW de enerxía eólica xa instalada, outros 6250 MW adicionais que xa contan con acceso a rede eléctrica, aínda que pendentes de autorización pola administración autonómica, e 2.100 MW en tramitación, toda vez que en febreiro de 2022 as empresas eólicas renunciaron a 2.600 MW adicionais en tramitación, para recuperar avais debido a elevada litixiosidade que determinados entornos veñen provocando e que fan máis rendible facer investimentos noutras ubicacións.

Estamos pois ante o reto e a necesidade de facilitar o despregue de nova potencia renovable que poida posicionar a Galicia como Rexión estratéxica e pioneira na descarbonización total do seu sistema económico, permitindo sinerxías de desenvolvemento industrial que faciliten novas rendas e postos de traballo sostibles, coa obriga de facelo respectando as demandas sociais que buscan unha axeitada protección do medio ambiente, do medio agrario e forestal, do patrimonio rural, e demandan unha plena integración das novas iniciativas no desenvolvemento rural, onde aos novos parques lles deberán esixir novas oportunidades, investimentos e valor engadido para as comarcas, que faciliten a despoboamento e o abandono da actividade alí onde se instalen.

Pensamos que é tan disparatado pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica que se ten solicitado en Galicia, como optar por unha prohibición total de novos desenvolvementos de enerxía eólica. Opinamos por tanto, que si cabería desenvolver máis parques eólicos, sempre e cando se cumpran unha serie de condicionantes, que garantan o seu encaixe social alí onde se instalen, e de forma que o seu impacto medioambiental e social fose asumible.

Para elo vai ser fundamental que os novos parques que se autoricen teñan un valor engadido adicional, máis aló da mera vertedura de corrente ao sistema eléctrico, valor adicional que se buscará coa integración da enerxía producida, co sistema produtivo galego, tanto no sector primario como no industrial, na xeración de emprego e de contido local en todos os proxectos.

Entendemos que son pois precisas, unha serie de reformas concretas, que fagan que calquera nova autorización se basee na total transparencia, na plena integración social, e na plena compatibilidade medioambiental.

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias