NORMATIVA DO DIA 29 DE ABRIL DE 2022

Ampliación do prazo da solicitude da PAC. Ampliación do prazo de xustificación das axudas de CUMAS e de incendios. Concesión axudas para paliar os danos do lobo.

BOE 29 DE ABRIL (102)

V. ANUNCIOS

MINISTERIO PARA LA TRANSICIÓN ECOLÓGICA Y EL RETO DEMOGRÁFICO

Convenio.- Resolución de 26 de abril de 2022, de la Dirección General de Políticas contra la Despoblación, por la que se publica el Convenio con la Universidad de Burgos, para la realización del Programa Campus Rural de prácticas universitarias en el medio rural.

DOG 29 DE ABRIL (82)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

Concesións.- Resolución do 19 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Ampliación do prazo de xustificación.- Orde do 26 de abril de 2022 pola que se modifica a Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR651A e MR651B). (Ampliación do prazo de xustificación ata o 30 de xuño de 2022)

Ampliación do prazo de xustificación.- Orde do 28 de abril de 2022 pola que se modifica o prazo de xustificación da Orde do 3 de setembro de 2021 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR351A). (Ampliación do prazo de execución e xustificación ata o 1 de xullo de 2022)

Ampliación do prazo.- Orde do 28 de abril de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. (Ampliación do prazo de solicitude ata o 13 de maio de 2022. Obrigatoriedade de fotos xeorreferenciadas para as alegacións sobre as incidencias de abandono ou indicios de abandono do tipo 12) (Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Información pública.- Acordo do 1 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de San Cristovo de Cea (expediente IN407A 2022/24-3).

Parque eólico.- Resolución do 5 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Suído I, así como a das súas infraestruturas de evacuación, situado nos concellos de Lalín e Dozón (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), promovido por Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U. (expediente IN408A/2020/008).

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Modificación estatutos.- Resolución do 8 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Cuma Xamazas, Sociedade Cooperativa Galega.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Montes.- Anuncio do 11 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o expediente de extinción do convenio de Amoexa, número de elenco 2717577, do concello de Antas de Ulla (expediente 40/2021).

Montes.- Anuncio do 18 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 8 de abril de 2022, polo que se declara a perda da condición de utilidade pública e a conseguinte exclusión do Catálogo de montes de utilidade pública dunha parcela no monte Ruña, número 103-K, no concello de Mazaricos.

 

BOP Lugo 29 DE ABRIL (97)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Convocatoria.- Extracto do acordo da xunta de goberno da deputación provincial de lugo, en sesión celebrada o 1 de abril de 2022, polo que se aproba a convocatoria e bases que canalizarán as subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para apoiar a organización de visitas, por parte das anpas dos centros de educación infantil e primaria provinciais, ás granxas e explotacións agropecuarias da provincia de lugo, e actividades asociadas ás mesmas, na execución do programa “da escola á granxa”, na anualidade 2022. (Extracto)

Concesións.- Relación de subvencións directas (nominativas) tramitadas pola sección de promoción económica e emprego da deputación provincial de Lugo correspondentes ao primeiro trimestre do 2022.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias