DOUE 3 DE MAIO
LEGISLACIÓN (L129)
DECISIONES
Nitratos.- Decisión de Ejecución (UE) 2022/696 de la Comisión de 29 de abril de 2022 por la que se concede la exención solicitada por Irlanda de conformidad con la Directiva 91/676/CEE del Consejo relativa a la protección de las aguas contra la contaminación producida por nitratos utilizados en la agricultura [notificada con el número C(2022) 2596]
DOG 3 DE MAIO (85)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Solo.- Resolución do 11 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da delimitación do solo do núcleo rural do Pereiro, no concello da Mezquita.
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE
Convocatoria.- Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR760A). (Extracto) Prazo: Desde o 4 de maio, por orde de presentación de solicitudes. Para autónomos ou empresas que tivesen unha caída da facturación do 62% en 2021 respecto a 2019. Axudas de 1.000 a 12.000€ en función da facturación de 2019. Excluídas as actividades que xa recibiron axuda como hostalaría, hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos, axencias de viaxes, lecer nocturno, pesca, acuicultura ou marisqueo, e as actividades culturais coma orquestras.
INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO
Ampliación do orzamento.- Resolución do 29 de abril de 2022 pola que se amplía o crédito das axudas previstas na Resolución do 20 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto. (Extracto).
Ampliación do orzamento.- Resolución do 29 de abril de 2022 pola que se amplía o crédito das axudas previstas na Resolución do 20 de decembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a concellos de Galicia e se establece a súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2022 (código de procedemento MT402B), tramitado como expediente anticipado de gasto. (Extracto).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Edicto do 19 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación Monte da Serra, na parroquia de Vilanova dos Infantes (San Salvador), no concello de Celanova.
CMVMC.- Anuncio do 8 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte do Con a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Martiño de Vilaboa, no concello de Vilaboa (Pontevedra).
CMVMC.- Anuncio do 19 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución de clasificación do monte Santalla (ampliación), do concello de Begonte (expediente 2/2021).
CMVMC.- Anuncio do 19 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición presentado contra a revisión do esbozo do monte Signada, do concello de Navia de Suarna (expediente 8_78/2020_30).