NORMATIVA DO DIA 9 DE MAIO DE 2022

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

DOG 9 DE MAIO (89)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Resolución do 21 de abril de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI437A). (Extracto)

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

Concesións.- Corrección de erros. Resolución do 9 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 8 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Información pública.- Resolución do 6 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto de interese autonómico do proxecto de solución de evacuación do parque eólico Serra do Farelo, nos concellos de Agolada e Vila de Cruces, en Pontevedra, e Santiso, na Coruña (expediente IN408A 2020/177).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 20 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Guldriz, concello de Friol (expediente 92_80/2022_8).

CMVMC.- Anuncio do 20 de abril de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 30/77 e tres máis.

 

BOP A Coruña 9 DE MAIO (87)

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

Información pública.- Acordo do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente-e.: IN407A 2020/180-1).

Información pública.- Acordo do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente-e.: IN407A 2021/192-1)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución número 2022/21255 de concesión provisional das subvencións correspondentes ao programa OPAS: Convocatoria do programa de subvencións dirixido ás organizacións profesionais agrarias e labregas da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o exercicio 2022.

Concesións.- Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa FOIO0A:programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas de políticas de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e loita contra a violencia de xénero no ano 2022.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias