NORMATIVA DO DIA 25 DE MAIO DE 2022

Ampliación do prazo de execución e execución das axudas destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común.

DOG 25 DE MAIO (100)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Ampliación do prazo.- Orde do 18 de maio de 2022 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, financiadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

Competencias.- Resolución do 11 de maio de 2022 pola que se fai pública a delegación de competencias do Consello de Dirección na Dirección Xeral.

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Ampliación do prazo.- Resolución do 16 de maio de 2022 pola que se amplía o prazo establecido no artigo 27 da Resolución do 11 de maio de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G).

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parque eólico.- Acordo do 18 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto da LAT 132 kV colectora de SE Serra do Faro-SE Valdepereira, sita nos concellos de Dozón, na provincia de Pontevedra, e O Irixo, Piñor e San Cristovo de Cea, na provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/15).

Información pública.- Acordo do 3 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ordes (expediente-e IN407A 2020/180-1).

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 4 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba, A Coruña).

CMVMC.- Anuncio do 6 de maio de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Couto, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salvaterra, no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra).

BOP A Coruña 25 DE MAIO (98)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Premio.- Extracto de la Resolución número 2022/ 23903, de 18 de mayo de 2022, de la Presidencia de la Diputación de A Coruña, por la que se aprueba la convocatoria de la V edición de los Premios del Plan de Empleo Local (PEL-EPR PREMIO 2022).

BOP Lugo 25 DE MAIO (118)

ALFOZ

Natalidade.- Aprobación definitiva ordenanza reguladora subvencións natalidade.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias