DOG 27 DE MAIO (101)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
IXP Mel de Galicia.- Orde do 18 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 14 de agosto de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia e do seu consello regulador.
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
Convocatoria.- Resolución do 11 de maio de 2022 pola que se convocan, para a anualidade 2022, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B). (Extracto)
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Información pública.- Resolución do 4 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente 2021/24 AT).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Información pública.- Anuncio do 25 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada para a planta de fabricación de pensos de Coren Agroindustrial, S.A., no concello da Pastoriza, provincia de Lugo (expediente 2020-IPPC-M-100).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Reestruturación parcelaria.- Anuncio do 10 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación de aprobación do acordo de reestruturación parcelaria respecto do proceso de concentración parcelaria da zona de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra).
SON DE CAMPO MULLERES RURAIS DE GALICIA, S. COOP. GALEGA
Anuncio.- da disolución da cooperativa e do nomeamento das liquidadoras.
BOP Ourense 27 DE MAIO (120)
CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL, O.A.
Información pública.- do expediente A/32/25828 de concesión dun aproveitamento de auga á Comunidade de Regantes de Grixoa, no termo municipal de Viana do Bolo, con destino a rega. (Páx. 6)
Información pública.- do expediente A/32/12155 de modificación de características da concesión dun aproveitamento de auga á Comunidade de Regantes Lama – Ganade, no termo municipal de Xinzo de Limia, con destino a rega. (Páx. 6)
COMUNIDADE DE REGANTES SAN SALVADOR DE SABUCEDO
Asemblea.- Convocatoria para asemblea xeral extraordinaria da Comunidade de Regantes San Salvador de Sabucedo. (Páx. 32)