DOG 3 DE XUÑO (106)
I. AUTORIDADES E PERSOAL
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Cesamento.- Decreto 84/2022, do 2 de xuño, polo que se dispón que cese José Ignacio Lema Piñeiro como director da Axencia Galega da Industria Forestal.
Nomeamento.- Decreto 85/2022, do 2 de xuño, polo que se nomea director da Axencia Galega da Industria Forestal a Jacobo José Aboal Viñas.
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA
Concesións.- Resolución do 19 de maio de 2022 pola que se dá publicidade á relación de persoas beneficiarias e importes das axudas de agroambiente e clima (submedida 10.1) e de agricultura ecolóxica (submedidas 11.1 e 11.2) cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se poñen á disposición as resolucións das solicitudes reguladas ao abeiro da Orde do 15 de xaneiro de 2021.
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Informe de impacto ambiental.- Anuncio do 18 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación dunha explotación de vacún de leite e de construción dunha fosa de xurro, no lugar de Portoseco, no concello de Curtis (A Coruña) (expediente 2021/0128).