DOG 13 DE XUÑO (112)
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Forestal.- Corrección de erros. Anuncio do 10 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados nas masas de coníferas por enfermidades fúnxicas defoliadoras, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR605B) (Diario Oficial de Galicia número 15, do 24 de xaneiro).
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS
Información pública.- Anuncio do 27 de maio de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de sendas peonís na AC-542, Abegondo, de clave AC/21/071.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.