DOUE 6 DE XULLO
COMUNICACIONES E INFORMACIONES (C261)
COMISIÓN EUROPEA
Catálogo común de variedades de especies de plantas agrícolas.- Suplemento 2022/6.
Catálogo común de variedades de especies de plantas hortícolas.- Suplemento 2022/6.
DOG 6 DE XULLO (128)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Convocatoria.- Orde do 21 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación e o lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300H). (Extracto)
AXENCIA TURISMO DE GALICIA
Modificación da convocatoria.- Resolución do 27 de xuño de 2022 pola que se modifica a Resolución do 17 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia, e se establece a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503A).
VI. ANUNCIOS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Autorización ambiental integrada.- Anuncio do 16 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se modifica substancialmente a autorización ambiental integrada a Oviganic Ibérica, S.L., para a planta de tratamento de leite no concello de Monforte de Lemos (expediente 2021-IPPC-I-89).
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
CMVMC.- Anuncio do 17 de xuño de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 17 de xuño de 2022 relativa ao acto de conciliación formulado polos representantes dos montes veciñais en man común Sobral ou Comunal de Queirugás, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Queirugás, A Rasela, Vilela e Tintores, no concello de Verín, e o de Valdeguas, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Trepa, no concello de Riós.
BOP Ourense 6 DE XULLO (153)
COMUNIDADE DE REGANTES ANTIOQUIA (SANDIÁS)
Asemblea.- Convocatoria para a xunta xeral extraordinaria (Páx. 27)
COMUNIDADE DE REGANTES DE GRIXOA (VIANA DO BOLO)
Asemblea.- Convocatoria da Xunta Xeral extraordinaria (Páx. 28)