NORMATIVA DO DIA 10 DE AGOSTO DE 2022

Convocatoria do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas.

DOG 10 DE AGOSTO (152)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Convocatoria.- Orde do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR790A). (Extracto)

VI. ANUNCIOS

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

Parques eólicos.- Acordo do 11 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico San Cosmeiro, nos concellos de Outes e Mazaricos (A Coruña) (expediente IN408A 2019/024).

 

BOP A Coruña 10 DE AGOSTO (151)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Concesións.- Resolución N.º 2022/34571 de data 08 de agosto de 2022 pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ás axudas á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables. (PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO 2022).

 

BOP Lugo 10 DE AGOSTO (182)

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Concesións.- Resolución provisional de concesión desubvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para apoiar a organización de visitas, por parte das ANPAS dos centros de educación infantil e primaria provinciais, ás granxas e explotacións agropecuarias da provincia de Lugo, e actividades asociadas ás mesmas, na execución do programa “da escola á granxa”, na anualidade 2022.

 

BOP Pontevedra 10 DE AGOSTO (152)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

Concesións.- Anuncio da Deputación de Pontevedra relativo ás subvencións concedidas polo servizo de igualdade durante o mes de xullo de 2022.

CUNTIS

Natalidade.- Convocatoria para a concesión de axudas municipais destinadas ao apoio á natalidade no concello de Cuntis para o ano 2022.

 

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias