DOG 22 DE AGOSTO (158)
III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Solo.- Orde do 5 de agosto de 2022 de aprobación definitiva do Plan básico municipal de Trabada (Lugo).
Modificación dos criterios de selección.- Orde do 10 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
Corrección de erros.- Orde do 20 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Muller 22, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR770A). (Agora as entidades sen ánimo de lucro poden ser beneficiarias)
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Redistribución do orzamento.- Resolución do 8 de agosto de 2022 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (código de procedemento IN422N).
VI. ANUNCIOS
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Información pública.- Acordo do 8 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto de liña aéreo-subterránea 220 kV SET PE A Picota 220 kV-SET colectora Nova, nos concellos de Mazaricos, Negreira, A Baña, Ames e Santiago de Compostela (expediente IN408A 2020/151).
Parque eólico.- Acordo do 12 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Monte Toural nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña) (expediente IN408A 2017/17).
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Información pública.- Acordo do 8 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se acorda someter a información pública e transparencia a Estratexia galega da infraestrutura verde e da conectividade e a restauración ecolóxicas.
BOP Pontevedra 22 DE AGOSTO (159)
A LAMA
Natalidade.- Axudas para o fomento da natalidade e o empadroamento.
BOP Ourense 22 DE AGOSTO (191)
COMUNIDADE DE REGANTES LAMAS – GANADE (XINZO DE LIMIA)
Convocatoria.- para Xunta Xeral. (Páx. 8)
COMUNIDADE DE USUARIOS Y REGANTES DE SAN MARTIÑO O BOLO
Convocatoria.- para Xunta Xeral. (Páx. 8)