NORMATIVA DO DIA 23 DE AGOSTO DE 2022

Selección de lexislación, convocatorias e anuncios de interese publicadas no Diario Oficial de Galicia e nos boletíns do Estado, Unión Europea e provinciais.

DOG 23 DE AGOSTO (159)

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Esgotamento do crédito.- Resolución do 8 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se fai público o esgotamento do crédito da Resolución do 15 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao fomento da contratación por parte de entidades sen ánimo de lucro de mulleres que sofren violencia de xénero, financiadas con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI461B).

Esgotamento do crédito.- Resolución do 10 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa extraordinario das persoas traballadoras autónomas e microempresas con actividades especialmente paralizadas pola crise da COVID-19, financiadas parcialmente con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR760A), e da Orde do 27 de xuño de 2022 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 28 de abril de 2022.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Redistribución do orzamento.- Orde do 12 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

VI. ANUNCIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CMVMC.- Anuncio do 3 de agosto de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Pedreira, solicitado a favor da veciñanza da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Antas, na parroquia de Antas, do concello da Lama.

CMVMC.- Anuncio do 3 de agosto de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Charruas ou Coutada, solicitado a favor da veciñanza da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Liñares, na parroquia de Liñares, do concello das Neves.

 

BOP Lugo 23 DE AGOSTO (192)

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Concesións.- Resolución provisional da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas as comunidades de montes veciñais en man común da zona especial de conservación –ZEC- da Serra do Xistral (Life in Common Land) que apliquen modelos de xestión baseados en resultados de conservación.

 

BOP Ourense 23 DE AGOSTO (192)

COMUNIDADE DE REGANTES SAN SALVADOR DE SABUCEDO (PORQUEIRA)

Convocatoria.- para Xunta Xeral. (Páx. 5)

CONCESIÓN DE AXUDAS

PARA A DIXITALIZACIÓN DO TEU NEGOCIO

  • Kit dixital para autónomos con ata 2 traballadores
  • Axudas de 2.000 €
  • Prazo de solicitude aberto ata acabar fondos

Queres solicitalo? Infórmate na túa oficina de Unións Agrarias